Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Xoves, 27 de febreiro de 2003 Páx. 2.371

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de xaneiro de 2003 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3 punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, (DOG do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vilanova de Arousa.

Localidade: Vilanova de Arousa.

Código do centro: 36019414.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Vilanova de Arousa.

Nova denominación: Instituto de educación secundaria A Basella.