Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO do 3 de febreiro de 2003, do organismo autónomo municipal Vigo-Zoo, polo que se fai público o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, por concurso aberto, das obras de construcción dun novo habitáculo para aloxamento de linces no zoo.

Folla de especificacións:

a) Obxecto do contrato: obras de construcción dun novo habitáculo para aloxamento de linces no zoo, segundo o proxecto redactado polo arquitecto Enrique Urdiales de Santiago.

b) Procedemento e forma de adxudicación: concurso aberto.

c) Orzamento de licitación máximo: 140.734,18 euros.

d) Financiamento: con cargo á subvención da deputación provincial, acordada en data 5 de decembro de 2002.

e) Revisión de prezos: non haberá lugar á revisión de prezos.

f) Forma e contido da proposición: segundo a cláusula 8ª deste prego de cláusulas administrativas.

g) Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Vigo, de 9 a 13 horas, ou por correo na forma determinada legalmente no prazo de 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

h) Lugar, data e hora de apertura de plicas: na Casa do Concello de Vigo ante a mesa de contratación de Vigo-Zoo, o 1º martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 10 horas. Se coincidise en día non hábil o de apertura de plicas ou se por causas de forza maior non puidese ter lugar, este terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

i) Criterios de adxudicación do concurso:

-Melloras na calidade estética ou funcionalidade: ata 12 puntos.

-Plan de execución das obras: ata 10 puntos.

-Reducción no prazo de execución: ata 5 puntos.

-Aumento do prazo da garantía: ata 5 puntos.

k) Prazo de execución: o prazo de execución é de 4 meses (120 días).

l) Garantías:

-Garantía provisional: non se esixe.

-Garantía definitiva: o 4% do prezo do contrato.

m) Clasificación do contratista: para participar na licitación é necesario te-la seguinte clasificación:

Grupo: C; subgrupo: 2, categoría: c ou d.

n) Importe máximo de gastos de publicidade da licitación: o adxudicatario estará obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación en diarios oficiais e medios de comunicación e os de adxudicación. O importe máximo dos anuncios é de 600 euros.

Vigo, 3 de febreiro de 2003.

Amador Fernández Fernández

Presidente do organismo autónomo municipal

Vigo-Zoo