Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

De conformidade co artigo 326 da Lei 5/1997, da Administración local en Galicia, anúnciase o seguinte:

Edicto de contratación, por concurso urxente polo procedemento aberto, para a adxudicación da limpeza das vías do Concello de Tui, dentro do ámbito do solo urbano.

As proposicións referidas á expresada licitación poderán presentarse nas oficinas deste concello, no prazo de trece días naturais, en horario de 9 a 14 horas, a partir da última publicación do edicto no BOP, podéndose examinar nelas o prego de condicións.

Tui, 20 de xaneiro de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde