Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

EDICTO do 22 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se lles require documentación ós beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo

1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social (BOE do 29 de xuño) e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), a falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírense ós citados no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para ter coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días

seguintes ó da comparecencia non achegasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo) procederase a suspender cautelarmente ó pagamento da pensión.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2003.

María José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

PensionistaDNINº Exp.Concello

Caínzos López, Rosa326138272012/I/91Ferrol

Cajaraville Vázquez, Amelia C.330701521492/X/97Santiago de

Compostela

Conde Alvarello, Dolores33174072657/X/95Brión

Conde López, Balsamina33725605714/I/97A Coruña

Da Torre Vilas, Teresa330291101818/X/98Santiago de

Compostela

Fernández Formoso, María764477541455/X/99Negreira

Galán Gestal, Pilar322668421995/X/00A Coruña

Lorenzo Rico, Andrés326862451232/I/97Ferrol

Naya Fontal, Pastora322798911812/X/93Arteixo

Paz Berdomas, Juan José32822607732/I/99A Coruña

Rey Buño, María Manuela322922491317/X/00A Coruña

Rey Miranda, María Nieves764934651422/I/99Boiro

Veiras Martínez, Pilar321922292412/X/93Culleredo