Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.355

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación de servicios para a recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: recuperación de solos contaminados por vertidos incontrolados.

2.2. Prazo de execución: 3 meses e medio para cada un dos lotes obxecto do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: novecentos dezaoito mil trescentos corenta e sete euros (918.347 A).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que se presente oferta.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicacion do lote ou lotes adxudicados.

7. Clasificación.

Para os lotes 1, 3 e 4, de conformidade coa disposición transitoria única do RCAP admitiranse indistintamente os certificados de clasificación expedidos de acordo coa normativa anterior ou de acordo co artigo 37 do RCAP:

Segundo a orde do Ministerio de Economía e Facenda do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 1991: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Segundo o establecido no artigo 37 do RCAP: grupo U, subgrupo 7, categoría D.

Para o lote 2, non se esixirá clasificación.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral

Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2229.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do día 9 de abril de 2003, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b. Enderezo: San Lázaro, s/n.

c. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do día 21 de abril de 2003.

11. Apertura das ofertas: ás 12 horas do día 28 de abril de 2003, no lugar sinalado no punto 9.3.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente