Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios de oposición da fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

O número 2 da base sétima das ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) e do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), polas que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, dispón que os exercicios de oposición da fase de selección se realizarán

no lugar, data e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de sete días naturais de antelación, polo que esta División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de selección do proceso extraordinario de consolidación de emprego, convocado polas ordes da Consellería de Sanidade do 15 de febreiro de 2002 (DOG nº 40, do 25 de febreiro) e do 20 de maio de 2002 (DOG nº 105, do 3 de xuño), das categorías de médico de familia de atención primaria, médico de admisión e documentación clínica, médico de urxencias hospitalarias e técnico de saúde de atención primaria, para a realización dos exercicios de oposición da fase de selección, do xeito que se detalla:

Día 9 de marzo de 2003:

Médico de familia de atención primaria:

De Saavedra Pita, Pilar a Gomara Villabona, Sonia María.

Médico de admisión e documentación clínica:

De Sánchez Meizoso, María Olga a García Lalinde, Mª Victoria.

Médico de urxencias hospitalarias:

De Sabbagh Hannun, Emil a Giménez García, Jesús.

Técnico de saúde de atención primaria:

De San José Arango, Joaquín a Domínguez González, María Nieves.

Día 16 de marzo de 2003:

Médico de familia de atención primaria:

De Gómez Abellas, Enrique a Ruiz Castro, María Victoria.

Médico de admisión e documentación clínica:

De González Díaz, Izascun a Rubial Bernárdez, Félix.

Médico de urxencias hospitalarias:

De Gómez Gil, José Luis a Ruy-Díaz López, José Enrique.

Técnico de saúde de atención primaria:

De Gómez Besteiro, María Inmaculada a Robles García, María Belén.

Segundo.-O chamamento iniciarase ás 9.45 horas ámbolos dous días, no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).

Terceiro.-Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.

Cuarto.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no punto 3 da base vixésimo primeira da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 17 febreiro de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos