Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.351

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xaneiro de 2003 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, da varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Publicada a Orde do 14 de xaneiro de 2003, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no DOG nº 20, do 30 de xaneiro, cómpre face-la seguinte corrección:

No anexo, no posto de xefe/a de Servicio de Fomento e Promoción (CUC060000215770014) débense engadir dous novos puntos.

-Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado e Administración de comunidades autónomas.

-Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso, perfeccionamento do galego (RI).

No anexo, no posto xefe/a de servicio de Inspección de Turismo (CUC060000115770030) débense engadir dous novos puntos.

-Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado e Administración de comunidades autónomas.

-Formación específica: (640) para persoal doutra administración, curso perfeccionamento do galego (RI).