Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Mércores, 26 de febreiro de 2003 Páx. 2.297

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 13 de febreiro de 2003 pola que se modifican as bases que rexen a convocatoria de axudas correspondente ó programa sectorial de servicios ó cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica aprobada pola Orde do 29 de abril de 2002 e se procede á súa convocatoria para o ano 2003.

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 29 de abril de 2002, aprobou as bases polas que se rexen as axudas correspondentes ás accións do programa sectorial de servicios ó cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica. Na disposición décimo cuarta desta orde, establécese que as ditas bases teñen vixencia ata a finalización do PGIDIT 2002-2005, e que anualmente a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública procederá a publicar unha resolución que reabra o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados a estas, así como aqueles aspectos que se considere necesario actualizar na convocatoria anual.

Tendo en conta os decretos, 22/2003, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e 23/2003, do 20 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, foron asumidas pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio.

Na súa virtude, e polo que antecede, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Establecer como prazo de presentación de solicitudes para as axudas correspondentes ás accións do programa sectorial de servicios ó cidadán do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, exercicio 2003, o período de 40 días hábiles contados dende o día seguinte ó da publicación da presente orde no DOG, asignándose a cada unha delas os créditos que a continuación se especifican, se ben todos eles poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de créditos:

Crédito

ProgramaTipo de axudaAplicación orzamentariaAnualidades (euros)

2003200420052006

Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia.04.06.432A.740.0250.000350.000120.00060.000

Ciencias SociaisProxectos de investigación de centros tecnolóxicos.04.06.432A.781.030.00040.00020.00010.000

Proxectos de empresas e dotación de laboratorios de empresas.04.06.432A.770.0480.000300.000150.00070.000

Proxectos de investigación aplicada de grupos consolidados e de excelencia.04.06.432A.740.0200.000400.000200.00090.000

Sociedade de informaciónProxectos de investigación de centros tecnolóxicos.04.06.432A.781.030.00040.00020.00010.000

Proxectos de empresas e dotación de laboratorios de empresas.04.06.432A.770.01.100.000900.000500.000200.000

Segundo.-Co fin de contribuír a palia-las consecuencias do accidente do buque Prestige, terán interese prioritario, sempre que reúnan as condicións de calidade requiridas, os proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica do Programa de Ciencias Sociais (anexo I) que aborden aspectos relacionados con aquel.

Terceiro.-As bases polas que se rexerán estas axudas son as recollidas na Orde do 29 de abril de 2002 publicada no DOG do 13 de maio, coas modificacións que de seguido se indican:

1. Modifícase o punto 3 da disposición primeira que quedará redactado nos seguintes termos:

«3. Proxectos de I+D de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, propios e concertados (con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos ou outras empresas)».

2. Engádese un novo parágrafo ó final do punto 1 da disposición segunda, co seguinte contido:

«Exclúense do cómputo de proxectos vixentes tódolos proxectos do programa marco. Tamén se exclúen os proxectos do Plan Nacional e do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico que rematen o mesmo ano no que se solicita o proxecto, e calquera proxecto empresarial do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico».

3. Engádese un novo parágrafo ó final do punto 2 da disposición segunda, co seguinte contido:

«Co fin de favorece-la cooperación entre os distintos centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia ou con organismos públicos de investigación, poderanse presentar proxectos coordinados sempre que se trate de centros ou organismos con capacidades complementarias con relación ó proxecto. Neste caso unha das entidades terá a conside

ración de líder do proxecto, pero cada unha das entidades participantes deberá formaliza-lo seu impreso de solicitude indicando que forma parte dun proxecto coordinado e cál será a súa contribución a este. Non obstante, o proxecto será avaliado no seu conxunto aínda que cada entidade deberá tamén achega-la súa xustificación de forma separada e recibirá directamente a axuda que corresponde á súa parte do proxecto. O incumprimento dun dos socios considerarase incumprimento do total do proxecto».

4. Modifícase a disposición terceira que quedará redactada como segue:

«Terceiro.-Contía das axudas e conceptos subvencionables.

-Para os proxectos de investigación que realizarán grupos consolidados e de excelencia a contía máxima da axuda ascenderá a 90.150 euros e 120.300 euros, respectivamente. No caso de proxectos de investigación de centros tecnolóxicos o importe máximo será de 100.000 euros. En xeral, as axudas solicitadas polos grupos consolidados, os grupos de excelencia e polos centros tecnolóxicos deberán referirse a algún dos conceptos seguintes:

1. Persoal contratado especificamente para colaborar nas actividades de investigación do proxecto. Estes contratos serán incompatibles coa percepción de calquera outra remuneración. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

O importe máximo por este concepto será de 45.000 euros para proxectos de tres anos, 30.000 euros para proxectos de dous anos e 15.000 euros para proxectos dun ano.

2. No caso dos centros tecnolóxicos, custo do persoal técnico do centro, que non estea financiado con fondos públicos e que deberá ser especificado no proxecto. A contía máxima será de ata o 60% do custo total subvencionable.

3. Material inventariable indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ó que pertence o investigador responsable do proxecto.

4. Material funxible debidamente xustificado.

5. Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

6. Outros gastos (especificaranse no modelo de solicitude).

7. Custos indirectos: imputarase por este concepto un 10% do custo total do proxecto, co fin de resarcir ó correspondente organismo dos gastos que a execución do proxecto leva implícitos.

-Para os proxectos de I+D e proxectos de innovación tecnolóxica de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, a contía das axudas concedidas poderá alcanzar como máximo ata un 70% dos gastos subvencionables precisos para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto, no caso de que se trate de investigación industrial, e ata un 50% no caso de actividade de desenvolvemento precompetitiva.

Enténdese por investigación industrial a investigación planificada ou os estudios críticos que teñan por obxecto a adquisición de novos coñecementos que poidan resultar de utilidade para a creación de novos productos, procesos ou servicios ou contribuír a mellorar considerablemente os productos, procesos ou servicios existentes. Pola súa parte, pola actividade de desenvolvemento precompetitivo enténdese a materialización dos resultados da investigación industrial nun plano, bosquexo ou deseño para productos, procesos ou servicios novos, modificados ou mellorados, destinados á súa venda ou á súa utilización, incluída a creación dun primeiro prototipo non comercializable. Pode abarcar tamén a formulación conceptual e o deseño doutros productos, procesos ou servicios, así como proxectos de demostración inicial ou proxectos piloto, sempre que os devanditos proxectos non se poidan converter ou utilizar para aplicacións industriais ou a súa explotación comercial.

Así mesmo, poderán subvencionarse proxectos de demostración sempre que estean apoiados por un proxecto de I+D anterior que fora obxecto de axudas e sexan precisos para a aplicación futura e próxima do resultado do proxecto. Neste caso a axuda poderá alcanzar un máximo do 40% do custo de realización do proxecto e a contía da axuda non será superior a 48.000 euros. Excepcionalmente este límite poderá ser superado cando concorran razóns de tipo estratéxico.

As solicitudes destes proxectos de I+D, propios e concertados (con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos ou outras empresas) e proxectos de innovación tecnolóxica poden incluí-los conceptos seguintes:

1. Custo de persoal técnico da empresa preciso para a realización do proxecto. O devandito persoal e a súa vinculación ó proxecto deberán quedar definidos na proposta. O seu custo non poderá supera-lo 70% do custo total subvencionable do proxecto, agás en casos excepcionais debidamente xustificados.

2. Custo do persoal adicional técnico-científico que contrate a empresa para a realización do proxecto e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos. Na solicitude deberá figura-lo perfil requirido para a persoa que se contrate. A subvención que se poderá conceder por este concepto ascende a un máximo de 45.000 euros para proxectos de tres anos, 30.000 euros para proxectos de dous anos e 15.000 euros para proxectos dun ano. O custo desta contratación non se acumulará ó porcentaxe mencionado no punto anterior.

Os proxectos de investigación empresarial ós que se refire esta orde poderán incluí-la contratación laboral de mozos titulados universitarios e de formación profesional de 2º grao ou ciclo superior. As devanditas contratacións poderán concorrer ós incentivos dos programas de fomento dos contratos en prácticas e para innovación tecnolóxica que, no seu caso, convoque a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

3. Custo de adquisición (non se admitirán custos de utilización nin amortizacións) de equipos e instrumental precisos para a realización do proxecto

de I+D+I, na medida na que se dediquen ó proxecto en cuestión, e que estean debidamente xustificados. Admitiranse os alugamentos de equipos só en casos específicos e debidamente razoados. Se o custo da adquisición supera o 50% do custo do proxecto recoméndase á empresa que solicite a axuda de dotación de laboratorios e departamentos de I+D separando os devanditos investimentos do propio proxecto de I+D.

4. Custo de servicios tecnolóxicos externos contratados a universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, outras empresas, necesarios para o desenvolvemento do proxecto, debidamente xustificados.

Entenderase por servicio tecnolóxico aquela actividade de tipo técnico, diferente á investigación, que deba ser puntualmente prestada por unha entidade externa para que o proxecto obxecto da axuda poida ser desenvolvido.

5. Gastos de adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

6. Gastos de viaxes relacionados coa execución do proxecto. Será preciso explica-la vinculación da viaxe ó proxecto así como xustificar que efectivamente se ten realizado. Este concepto non poderá supera-lo 5% do custo total subvencionable do proxecto.

7. Gastos de protección dos resultados do proxecto. Este concepto non poderá supera-lo 5% do custo total subvencionable do proxecto.

8. Custo de colaboracións externas con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos, ou outras empresas, precisas para o proxecto e específicas para o seu desenvolvemento, debidamente pormenorizadas e xustificadas. A devandita colaboración externa deberá estar recollida nun contrato ou outra forma de acordo escrito. Os custos destas colaboracións poderán ser calquera dos incluídos nos puntos anteriores, que serán tidos en conta para os efectos de calcula-lo custo total subvencionable do proxecto e, polo tanto, os límites de cada concepto.

-Axudas a empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro para dotación de laboratorios e departamentos de I+D.

Estas axudas poderán alcanzar como máximo o 70% do investimento que se vai realizar pero non superarán a contía total de 130.000 euros, por beneficiario; excepcionalmente, este límite poderá ser superado cando concorran razóns de interese estratéxico. As axudas poderán referirse a:

1. Custo de adquisición de equipos para investigación, así como das instalacións e acondicionamentos imprescindibles para o funcionamento dos devanditos equipos. Xuntaranse á solicitude tres orzamentos dos equipos correspondentes.

2. Custo de consumibles relacionados coa posta en marcha do devandito laboratorio ou departamento de I+D sempre que non superen o 5% do custo total do proxecto de dotación.

Para este tipo de axudas será imprescindible que a empresa ou agrupación de empresas ou asociación sen ánimo de lucro teña recursos humanos dedicados a I+D e deberá xustificar qué actividades e proxectos se van levar a cabo. Terán prioridade aquelas empresas ou agrupacións de empresas ou asociacións sen ánimo de lucro que teñan realizado proxectos de I+D+I con anterioridade».

5. Na disposición cuarta, modifícanse os puntos 1 e 5 relativos á documentación que han de achega-las empresas, que quedan redactados do seguinte xeito:

«1. Copia compulsada do CIF da empresa solicitante ou NIF no caso de empresario individual, xustificante de alta na Seguridade Social, así como xustificante de estar dado de alta no imposto de actividades económicas (IAE) e ó corrente no seu pagamento, ou ben xustificación da correspondente exención».

«5. No caso de proxectos concertados, achegarase copia do contrato de colaboración ou outra forma de acordo escrito, asinado polos representantes legais das partes contratantes ou, no seu defecto, unha carta de intencións asinada polo responsable do proxecto na empresa, agrupación de empresas ou asociación sen ánimo de lucro e o investigador principal do equipo de investigación da entidade que realizará ou colaborará no proxecto».

6. Na disposición cuarta, engádese ó final desta, antes do último parágrafo, o seguinte:

«As agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro e centros tecnolóxicos de carácter privado, achegarán, xunto a súa solicitude, os mesmos documentos que se lle requiren ás empresas».

7. Modifícase a disposición oitava, que quedará redactada como segue:

«Oitavo. Libramento da subvención.

-Proxectos de investigación de grupos consolidados e de excelencia de universidades, organismos públicos de investigación e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

A subvención será librada a través do organismo ou centro ó que pertenza o equipo investigador, conforme o plan de necesidades do proxecto subvencionado e de acordo coa normativa vixente.

Para poder proceder ó libramento dos fondos será preciso que a universidade, organismo ou centro correspondente expida a certificación expresiva da realización do gasto, acompañada dos informes parciais dos proxectos de investigación correspondentes, se os houbese.

Para efectua-lo último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes o sociedades.

-Proxectos de investigación de centros tecnolóxicos privados, de empresas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro e dotacións de laboratorios e departamentos de I+D, de empre

sas ou agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro.

Para poder percibi-las axudas correspondentes, será preciso presentar antes do 31 de outubro do exercicio correspondente á anualidade de que se trate, os seguintes documentos:

a) Un resumo da execución da subvención no que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gastos.

b) Documentación acreditativa de realización do investimento ou gasto, que consistirá en orixinal e unha copia das facturas e dos seus correspondentes xustificantes de pagamento.

c) No caso dos custos de persoal, tanto técnico propio como adicional técnico-científico contratado, con destino específico ó proxecto, deberá achegarse:

-Certificación emitida polo responsable de persoal co visto e prace do xerente ou director da empresa, agrupación de empresas, asociación sen ánimo de lucro ou centro tecnolóxico, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ó proxecto que deberá incluí-los seguintes datos: DNI, nome, apelidos, posto na empresa, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á empresa, data de pagamento da S.S. e custo total imputado ó proxecto (retribucións + S.S.) segundo a dedicación de cada traballador a este.

Poderanse requirir xustificantes de pagamento relativos ós datos que figuran na devandita certificación.

-Un parte de traballo no que figure a dedicación de cada persoa ó proxecto, que deberá recolle-las horas de dedicación mensual ó proxecto e as sinaturas dos traballadores co visto e prace do investigador principal do proxecto e do responsable de persoal da empresa, agrupación de empresas, entidade sen ánimo de lucro ou centro tecnolóxico.

-Copia compulsada do contrato de traballo, no caso do persoal adicional técnico-científico contratado, con destino específico ó proxecto.

d) No caso de colaboracións con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos ou outras empresas deberá achegarse copia compulsada do contrato ou acordo no que se estableza a devandita colaboración, asinado polos representantes legais das partes contratantes, se non tivera sido presentado coa solicitude.

e) Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale o número de conta do beneficiario onde se deba realiza-lo pagamento.

f) Certificación acreditativa de encontrarse ó día das obrigas tributarias coas facendas estatal e autonómica expedidas pola axencia tributaria e pola Consellería de Economía e Facenda, respectivamente, así como certificación de encontrarse ó día no pagamento das cotas da Seguridade Social.

g) No caso de proxectos plurianuais con importe superior a 30.050,61 euros, xustificante de depósito de aval bancario ou de entidade aseguradora depositado na Caixa de Depósitos da Xunta de Galicia, que deberá cubri-lo importe da correspondente anualidade xunto cos xuros deste calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro, vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e como mínimo aquela en que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto.

h) Un resumo, en formato normalizado facilitado pola Dirección Xeral, no que se reflectirán de forma sucinta os datos de execución do proxecto.

i) Unha memoria, en formato libre, na que se detallará de forma máis extensa o desenvolvemento científico- técnico do proxecto, así como os resultados parciais obtidos.

Tódolos datos incluídos nos dous documentos anteriores, excepto cando explicitamente se indique que formarán parte dunha base de datos, serán confidenciais e non se poderá facer uso deles salvo autorización expresa dos seus propietarios.

j) Para efectua-lo último pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades.

Poderán realizarse pagamentos parciais a conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente.

Nos proxectos plurianuais enténdese que os investimentos e pagamentos que se efectúen dende a data límite de xustificación da anualidade corrente ata final de ano corresponden á anualidade seguinte e, polo tanto, poderán presentarse como xustificante para o cobro desta anualidade».

8. Engádese un novo parágrafo ó final do anexo I, co seguinte contido:

«Tamén se consideran de interese aqueles proxectos relacionados coas consecuencias do accidente do Prestige. Neste caso, excepcionalmente e polo seu interese estratéxico, poderán admitirse proxectos solicitados por grupos de investigación que non cumpran algún dos requisitos establecidos na disposición segunda relativa á composición do grupo».

Cuarto.-Os modelos oficiais de solicitudes, (dos que as follas externas se publican como anexos I, II, III, IV, V, VI, VII e VIII, á presente disposición), estarán ó dispor dos interesados, de forma íntegra, nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e en Internet nos enderezos: http://www.sxid.org, http://www.xunta.es/conselle/preside/sxid/index.htm ou http://www.cesga.es/sxid.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL