Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2003, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Martín Ferreira Álvarez e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent.-Ourense en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de xaneiro de 2003.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Martín Ferreira Álvarez

DNI: 34526243-T

Lg. Ver de Fondo, 15, Nogueira de Ramuín, Ourense

Resolución recurso reposición desestimado

Providencia 01320175175

Carlos Manuel Quintas Rodríguez

DNI: 34958549-K

R/ García Ferreiro nº 4-5, Ourense

Resolución recurso reposición desestimado

Providencia 02320027820

Instalaciones de Telecomunicaciones Profesionales, S.A.

CIF: A800955581

Virgen del Lluc, 150 baixo, Madrid

Resolución recurso reposición desestimado

Recurso 39/2002

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA