Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.245

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xaneiro de 2003 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para cubrir postos de profesores en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que imparten ensinanzas de niveis non universitarios prevé, no seu artigo 3.2º, que as prazas que nel se indican poderán ser cubertas mediante o correspondente concurso específico de méritos e polo prazo que se determine na convocatoria. As devanditas prazas deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos para a súa provisión mediante nomeamento temporal, con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria, que en ningún caso poderá exceder en máis de seis anos.

Así mesmo, o artigo 5 do devandito decreto establece que poden cubrirse por este mesmo procedemento aquelas prazas que segundo as previsións

que contén o artigo 59 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de educación xeral do sistema educativo, favorezan as elaboracións de proxectos, innovacións curriculares, metodolóxicas, etc. entre as que existen prazas de recente implantación ou de difícil cobertura polo procedemento ordinario.

Sendo necesaria a provisión de distintas prazas por mor dos diversos convenios entre a administración educativa e distintas institucións ou entidades a que se refire o artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, e outras incluídas no artigo 5 do devandito decreto, e tendo en conta a habilitación que figura na disposición derradeira primeira do mesmo decreto, que autoriza o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan precisas para a súa aplicación e desenvolvemento, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso público de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios, para adxudicar en comisión de servicios as prazas que figuran no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que impartan ensinanzas de niveis non universitarios con destino actual no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, que conten, polo menos, con tres anos de servicio como docentes en centros públicos, contabilizados ata o 31 de agosto de 2003 e xustifiquen documentalmente reuni-los requisitos sinalados para cada posto.

Terceiro.-O prazo para a presentación de instancias para tomar parte nesta convocatoria, dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será dun mes a partir do día seguinte da publicación da presente orde e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais, ou ben na forma prevista no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de optar pola presentación da solicitude e demais documentación ante a oficina de correos, farase en sobre aberto para que a instancia sexa selada e datada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias e demais documentación non se admitirá ningunha modificación nas peticións formuladas. Non obstante o anterior, admitirase renuncia á participación no concurso de méritos específico dentro do prazo establecido para as reclamacións sinaladas no punto sexto, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións formuladas.

Cuarto.-Aínda que se concurse a máis dunha praza, os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de alegacións e autobaremación, axustada ó modelo que se poñerá á disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo II.

Os concursantes presentarán ademais:

-Proxecto de traballo sobre as liñas básicas de actuación para o desenvolvemento das funcións inherentes ó posto que se solicita, tendo en conta as súas características, cunha extensión máxima de 20 folios.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

Quinto.-A selección dos aspirantes será realizada por unha comisión:

-Presidente: o secretario xeral ou persoa na que delegue

-Vocais: ata un máximo de catro, coa categoría de subdirectores xerais, xefes de servicio da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou membros da inspección educativa.

-Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará como secretario con voz e sen voto.

-Os sindicatos integrantes da mesa sectorial de persoal docente non universitario poderán nomear un representante para asistir ás sesións da comisión.

-A comisión poderá solicita-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas, limitándose os devanditos asesores a presta-la súa colaboración.

Sexto.-Para a valoración dos números 1, 2, 3.1, 3.2 e 4.1 do baremo establecido no anexo II, a comisión de selección delega esta función nunha subcomisión formada por funcionarios da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Unha vez feita esta, os resultados serán publicados nos taboleiros de anuncios da consellería e das delegacións provinciais, sinalando a relación de excluídos e a causa da súa exclusión e establecendo un prazo de 10 días naturais desde a súa exposición para presenta-las reclamacións que procedan.

Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderán ser convocados pola comisión de selección á realización dunha entrevista para mellor aprecia-las circuns

tancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

Sétimo.-Os membros da comisión e subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio, que estarán cualificadas na categoría primeira.

Oitavo.-Aqueles aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, no caso de ter lugar, non poderán ser propostos pola comisión. Serán seleccionados aqueles aspirantes que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes recollidos contemplados no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

Noveno.-No caso de producirse empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse, atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos números 5, 1, 3.3, 4.2, 3.1, 3.2, 4.1 e 2.

Décimo.-Unha vez realizado todo o proceso anterior, a comisión de selección proporalle ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a adxudicación dos postos, que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, e pola que se entenderán notificados, para tódolos efectos, os concursantes ós que lles afecte.Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non considerar oportuna a interposición do citado recurso, poderase formular directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, conforme se establece nos capítulos II e III da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Undécimo.-O prazo máximo para notifica-la resolución deste procedemento será de 6 meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, tendo efectos desestimatorios a falta de resolución expresa nese período.

Duodécimo.-Os seleccionados deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2003, cesando no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicadas serano en comisión de servicios, por un período de dous anos e un máximo de seis e con reserva do posto de traballo de orixe, de acordo co disposto no punto 2º do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo.

Décimo terceiro.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

* Número do posto: 1.

Convenio: Cáritas Diocesana de Lugo para o desenvolvemento do programa de educación compensatoria Preescolar na Casa.

-Destino.

Zonas de traballo de Preescolar na Casa, que se especifican a continuación:

Provincia da Coruña: concellos de: 1. Carballo, A Laracha e Arteixo.

Provincia de Pontevedra: concellos de: 1. Poio, Meaño, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo e Meis.

-Prazas.

A Coruña: 1; de mestres.

Pontevedra: 1; de mestres.

-Funcións.

Estudio da zona (recollida de datos, convocatorias e visitas a familias). Planificación e realización de xuntanzas quincenais coas familias, tratando de resalta-lo valor do cotiá, a utilidade dos materiais do contorno, impulsando a reflexión dos adultos e o intercambio entre eles. Contacto coas persoas e institucións da zona que poidan ter relación co traballo (pediatras, asistentes sociais, mestres, etc.). Colaborar cos diferentes medios do programa (revista, radio e televisión). Participar nas reunións de zona e xerais. Comprometerse coa formación. Organización de actividades diferentes ás reunións de orientación (excursións, charlas, exposicións, etc.).

-Observacións.

Carné de conducir e dispoñibilidade de vehículo. De acordo coas necesidades do programa, as zonas de traballo poden sufrir modificacións ó longo do curso.

* Número do posto: 2.

Convenio: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

-Destino.

Centros de reeducación dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado en: Ourense e Pontevedra.

-Prazas.

Prazas: 3 mestres. Ourense: 2 postos; Pontevedra: 1 posto.

-Funcións.

Organizar e coordina-las actividades educativas docentes.

Apoia-la integración sociolaboral dos internos.

-Requisitos.

Experiencia de tres anos, como mínimo, na educación de adultos e de traballo con persoas con necesidades educativas especiais. Coñecementos en informática de usuario.

-Observacións.

Disponibilidade horaria (xornada partida para adaptarse ás necesidades dos internos).

* Número do posto: 3.

Convenio: Coordinador de ASPANAES na provincia da Coruña.

-Destino.

Provincia da Coruña: centros en Santiago de Compostela, Culleredo, A Coruña, Ferrol e As Pontes de García Rodríguez.

-Prazas.

Unha (1), para mestres ou profesores de ensino secundario.

-Funcións.

Coordinador educativo dos centros concertados coa Consellería de Educación e ASPANAES na provincia da Coruña. Traballo en integración social dos mozos diminuídos. Actividades axeitadas a súa situación. Realizar e, se é o caso, coordinar tódalas actividades escolares e extraescolares dos centros. Traballo en programas de desenvolvemento integral.

-Requisitos.

Experiencia en educación especial. Coñecementos sobre autismo e experiencia con rapaces autistas. Vehículo propio e carné de conducir.

-Observacións.

Horario adaptado ás necesidades do centro.

* Número do posto: 4.

Convenio: Consellería de Medio Ambiente.

-Destino.

Servicios centrais da Consellería de Medio Ambiente.

-Prazas.

Santiago de Compostela: 1; de profesores de ensino secundario especialista en bioloxía e xeoloxía ou física e química.

-Funcións.

Establecer fórmulas de cooperación e de coordinación entre tódolos axentes sociais e institucionais para a organización de campañas de sensibilización sobre educación ambiental. Prestar apoio e asesoramento técnico os diversos axentes promotores da educación ambiental en Galicia. Revisa-los criterios de calidade educativa e de coherencia ambiental nos productos ofertados polas empresas promotoras da educación ambiental. Colaborar no deseño e na execución de actividades de formación sobre educación ambiental. Velar pola execución dos módulos sobre sensibilización ambiental na formación profesional específica e na formación ocupacional. Optimiza-lo uso e aproveitamento didáctico dos equipamentos de educación ambiental. Colaborar na edición de materiais didácticos sobre educación ambiental.

-Requisitos.

Experiencia probada en programación, organización, coordinación e dirección de actividades de sensibilización e formación sobre educación ambiental.

-Observacións.

Horario da Administración xeral.

* Número do posto: 5.

Convenio: Fundación Amancio Ortega Gaona.

-Destino.

Colexio público de educación infantil e primaria Ponte dos Brozos, Arteixo.

-Prazas.

Para mestres: 1.

-Funcións.

Coordina-lo proxecto de experimentación educativa sobre a utilización da informática nos procesos de ensino-aprendizaxe no mencionado CEIP, baixo a supervisión do xefe de estudios.

-Requisitos.

Coñecemento das tecnoloxías informáticas e de comunicación. Procesador de textos, follas de cálculo e bases de datos. Coñecementos de medios audiovisuais (vídeo, fotodixital, etc.). Utilización da Internet e deseño de páxinas web. Experiencia no desenvolvemento de actividades relacionadas coa introducción das novas tecnoloxías no ámbito educativo.

ANEXO II

ConceptosPuntuaciónTotal puntos máximoDocumentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente

0,50 puntos5 puntos

2. Méritos académicos:
2.1. Polo título de doutor1 punto2 puntosCopia compulsada das
2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes0,5 puntostitulacións alegadas
2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura0,25 puntos

3. Formación e perfeccionamento:
3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados)Ata 2 puntos6 puntosCopia compulsada da documentación alegada.
3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos (0,10 puntos por cada 10 horas)Ata 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto ó que se pretende acceder (0,10 puntos por cada 10 horas)Ata 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:
4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeralAta 1 punto3 puntosDocumentación orixinal
4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicitaAta 2 puntos
(Deberán conte-lo ISBN, agás as excepcións previstas na lexislación vixente).

5. Proxecto de traballo:
O proxecto de traballo deberá conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicita (puntuación mínima esixida por este apartado: 4 puntos).Ata 6 puntos polo proxectoAta 6 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios.

6. Entrevista sobre o proxecto presentado (puntuación mínima esixida por este epígrafe: 4 puntos)Ata 6 puntos pola entrevistaAta 6 puntos

ConceptoPuntuacións parciaisTotal

1. Antigüidade

(máximo 5 puntos)

Por cada ano de funcionario de carreira no corpo docente0,50
2. Méritos académicos

(máximo 2 puntos)

2.1 Polo título de doutor1
2.2. Titulacións segundo ciclo0,5
2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25
3. Formación e perfeccionamento

(máximo 6 puntos)

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas (0,10 puntos por c/10 horas)Ata 2 puntos
3.2. Por outras actividades de formación (0,10 puntos por c/10 horas)Ata 1 punto
3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto ó que se pretende acceder. (0,10 puntos por c/10 horas)Ata 3 puntos
4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas

(máximo 3 puntos)

4.1. Por publicacións de carácter didáctico de carácter xeralAta 1 punto
4.2. Por publicacións de carácter didáctico relacionadas coa praza que solicitaAta 2 puntos