Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.244

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D) escala de axentes forestais, pola que se anuncia o lugar, a hora e a data de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión do día 19 de febreiro de 2003, o tribunal nomeado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de xuño de 2002 (DOG nº 30, do 8 de xullo) para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, adoptou o seguinte acordo:

Convoca-los opositores para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición, que terá lugar na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela-Campus Sur, ás 8.30 horas do día 15 de marzo de 2003.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2003.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal