Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Martes, 25 de febreiro de 2003 Páx. 2.223

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 14 de febreiro de 2003 pola que se convocan para o ano 2003 as axudas para fomenta-lo asociacionismo agrario e o redimensinamento empresarial das entidades asociativas agrarias en Galicia.

O redimensionamento das entidades asociativas agrarias, xa sexa mediante a incorporación de novos agricultores socios ou como resultado de procesos de fusión, absorción e integración das cooperativas, é fundamental para que poidan afrontar racionalmente proxectos de implementación dos sistemas productivos e da comercialización das produccións agropecuarias.

Así mesmo, o fomento do asociacionismo agrario naquelas comarcas e sectores productivos onde apenas existe, e o apoio a todas aquelas iniciativas encamiñadas a logra-la xuntanza de explotacións, mediante a constitución de cooperativas de explotación comunitaria da terra e sociedades agrarias de transformación de carácter comunitario, son fundamentais para avanzar no reordenamento do medio rural e na mellora da calidade de vida dos agricultores e gandeiros galegos.

Estas consideracións, así como a experiencia e os resultados que se obtiveron o ano pasado coa Orde do 14 de agosto de 2002, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 166 con data do 29 de agosto, e que establecía axudas para fomenta-lo asociacionismo agrario e o redimensionamento empresarial das entidades asociativas agrarias en Galicia, xustifican a continuidade destas liñas de axuda, polo tanto, co inicio do exercicio orzamentario 2003, procede realiza-la convocatoria de axudas para este ano.

Por todo o exposto, en consonancia co establecido no artigo 30.I.1 e 3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto establece-la convocatoria para o exercicio orzamentario 2003, das axudas para fomenta-lo asociacionismo agrario e o redimensionamento empresarial das entidades asociativas agrarias en Galicia, reguladas pola orde desta consellería, do 14 de agosto de 2002, (DOG nº 166, do 29 de agosto).

Artigo 2º.-Condicións e finalidade.

1. Para poderse acoller ás axudas para fomenta-lo asociacionismo agrario e o redimensionamento empresarial das entidades asociativas agrarias,

deberanse cumpri-los requisitos establecidos no artigo 3º da Orde do 14 de agosto de 2002.

2. Estas axudas teñen por finalidade fortalece-las estructuras productivas e comerciais das entidades asociativas de carácter agropecuario, de forma que sexan máis competitivas e poidan desenvolver procesos de transformación e comercialización das produccións agrarias cunha maior viabilidade.

Artigo 3º.-Solicitudes, documentación e xestión das axudas.

1. As solicitudes de axuda presentaranse segundo o establecido no artigo 6º da Orde do 14 de agosto de 2002, xunto coa documentación que se detalla no artigo 8º da dita orde.

2. As entidades asociativas beneficiarias, os conceptos subvencionables e contía económica, os criterios de valoración, o procedemento de xestión das axudas e o prazo e forma de xustificación delas, axustaranse ó establecido na Orde do 14 de agosto de 2002.

Artigo 4º.-Prazo de presentación.

Para o ano 2003, o prazo de presentación de solicitudes será de 40 días hábiles contados a partir do día seguinte ó de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 5º.-Financiamento.

A concesión das axudas efectuarase con cargo ós conceptos orzamentarios 09.04.612-A.770.0, por un importe de 500.000 A; e 09.04.612-A.480.1, por un importe de 44.243 A; dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, así como con outros remanentes que puideran existir nas devanditas aplicacións.

En todo caso, a concesión das axudas para fomenta-lo asociacionismo agrario e o redimensionamento empresarial das entidades asociativas agrarias en Galicia estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente e limitarase ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural para que, no ámbito das súas competencias, dicte as normas necesarias para a correcta aplicación, desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO