Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 13 de xaneiro de 2003, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións de rúa de nova apertura na Rosa-O Carril, redactado polo arquitecto Jesús Mª Diéguez Pazos e promovido por Sumbullax, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, este estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais

de Secretaría, durante o prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 15 de xaneiro de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde