Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de novembro de 2002, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da estrada OU-301 Xinzo de Limia-Bande. Treito: A Ponte Liñares-Ganade.

Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento: 2.269.798,48 euros.

Acondicionamento da estrada PO-400 Salvaterra de Miño-Filgueira. Treito: Crecente-Filgueira, cruzamento coa C-531.

Adxudicatario: Dragados Obras y Proyectos, S.A.

Orzamento: 5.425.644,00 euros.

Variante de Marín. Treito 1: conexión da estrada Figueirido coa C-550 subtreito conexión estrada Figueirido coa PO-313.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones, S.A.

Orzamento: 7.242.909,00 euros.

Variante de Marín. Treito 2: conexión da estrada Figueirido coa C-550 subtreito conexión estrada Figueirido coa PO-313.

Adxudicatario: Corsan-Corviam, S.A.

Orzamento: 8.791.641,60 euros.

Corredor C.R.G. 2.1. Treito: Escairón-Monforte de Lemos IV.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 6.664.750,00 euros.

Acondicionamento da estrada OU-311 da N-525 á Mezquita P.K. 0+000/3+910,316.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 1.269.841,00 euros.

Acondicionamento da estrada AC-412 Carballo-A Silva.

Adxudicatario: CRC, Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 4.314.039,39 euros.

Acondicionamento da estrada AC-412 A Silva-Ordes.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcción, S.A.

Orzamento: 5.722.996,36 euros.

Mellora da seguridade víal na C-543. Treito: Vidán-Os Ánxeles.

Adxudicatario: Corsan-Corviam, S.A.

Orzamento: 3.337.968,41 euros.

Acondicionamento da travesía estrada PO-A. Treito: Seminario-Meixoeiro, termo municipal de Vigo.

Adxudicatario: Arias Hermanos Construcciones, S.A.

Orzamento: 3.467.805,82 euros.

Mellora da seguridade víal na C-550. Treito: Bueu-Cangas p.k. 102+000/102+868.

Adxudicatario: Indeza S.L.

Orzamento: 599.154,74 euros.

Corredor do Morrazo Treito I-1: enlace A-9 en Rande a Outeiro do Aviador, Moaña.

Adxudicatario: UTE Corsan-Corviam, S.A.-Construcciones Taboada y Ramos S.L.

Orzamento: 14.795.127,92 euros.

Corredor do Morrazo. Treito I-2: Outeiro do Aviador á intersección PO-313 en Moaña.

Adxudicatario: UTE Copasa-Viviendas y Cerramientos, S.L.

Orzamento: 14.720.580,00 euros.

Corredor do Morrazo. Treito II-1: Moaña-Cangas.

Adxudicatario: UTE Dragados, Obras y Proyectos S.A.-OCA, S.A.

Orzamento: 15.440.886,17 euros.

Corredor do Morrazo. Treito II-2: Cangas-Bueu.

Adxudicatario: UTE José Malvar Construcciones, S.A.-Obrascón Huarte Lain, S.A.

Orzamento: 9.467.350,00 euros.

Urbanización e dotación de servicios na C-552 rúa Vázquez de Parga, camiño novo, rúa Fomento e alargamento para dotación de beirarrúas na ponte da Casilla-Carballo, fase I. Convenio CPTOPV-Concello de Carballo 3/12/2001.

Adxudicatario: Ponciano Nieto González.

Orzamento: 1.155.481,46 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, notíficase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai

público para os efectos do previsto no artigo 93 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2003.

P.D. (Orde 21-11-2002)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda