Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relacionan acordos de liquidación por sanción derivados de actas de desconformidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Matilde Argudin Barreiro e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de liquidación por sanción derivados de actas de desconformidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Coruña, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección dos tributos.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 10 de febreiro de 2003.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

InteresadoProcedemento

Matilde Argudin Barreiro

DNI: 32389287

Avda. Linares Rivas, 8-4º drta.

A Coruña

Imposto sobre patrimonio

Expediente: Z-659/2002

DOC: 0020003213

Manuela Gayoso Viñas

DNI: 33787159

R/ José Antonio, 24

Ribeira

Imposto sobre patrimonio

Expediente: Z-3808/2002

DOC: 0020011394

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA