Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Administración Local, sobre a modificación da forma de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta formulada polo Concello de Santiago de Compostela conforme o acordo adoptado

polo Pleno en sesión do día 28 de novembro de 2002, relativa á modificación da forma de provisión dos postos de traballo de vicesecretario, viceinterventor e vicetesoureiro, reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 241 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia, o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1998, do 16

de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 29 de maio de 2002, sobre delegación de competencias no director xeral de Administración Local, esta dirección

DISPÓN:

Os postos de traballo de vicesecretario, viceinterventor e vicetesoureiro do Concello de Santiago de Compostela, reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, clasifícanse como de provisión polo sistema de libre designación.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2003.

Alfonso Rueda de Valenzuela

Director xeral de Administración Local