Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de febreiro de 2003 pola que se fan públicas as vacantes provisionais dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas ó servicio da Administración para o curso 2003-2004.

Por Orde do 5 de novembro de 2002 fixéronse públicas as vacantes provisionais dos distintos corpos aínda que quedaban pendentes as que puidesen xurdir ata o 31 de decembro de 2002 e as que se orixinasen polas resolucións dos concursos de traslados específicos convocados no mes de outubro de 2002.

Vistas as reclamacións presentadas á Orde do 5 de novembro de 2002, as vacantes producidas ata o 31 de decembro de 2002 e a resolución definitiva dos concursos de traslados específicos e tendo en conta que a Orde do 10 de outubro de 2002 prevé a publicación das vacantes provisionais antes do 5 de marzo de 2003, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde as vacantes provisionais para o curso 2003-2004 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos e sedes da inspección educativa.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria, sempre que figuren na relación definitiva.

Terceiro.-Resoltas, se é o caso, as reclamacións presentadas á presente orde e resoltos os concursos de traslados específicos convocados no mes de outubro de 2002, publicaranse no DOG as vacantes definitivas que serán obxecto do concurso de traslados.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL