Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Luns, 24 de febreiro de 2003 Páx. 2.073

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 164/2003, do 13 de febreiro, polo que se modifican os estatutos da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

A Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia constituíuse o día 18 de abril de 1994, despois de acordada a súa creación polo Decreto 40/1994, do 4 de febreiro, no que tamén se aproban os estatutos da sociedade.

Coa publicación dos decretos 22/2003 e 23/2003, do 20 de xaneiro, modificáronse os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia e a estructura orgánica dos seus departamentos. Ante esta nova organización é preciso modifica-los estatutos da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia no relativo á composición do Consello de Administración.

Por todo o anterior, e de conformidade co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 111 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-O artigo 27 dos estatutos da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, aprobados polo Decreto 40/1994, do 4 de febreiro, queda redactado nos seguintes termos:

«Artigo 27º

O Consello de Administración estará integrado por un mínimo de cinco e un máximo de quince membros.

Será presidente o conselleiro competente en materias de planificación e desenvolvemento comarcal.

O secretario do Consello de Administración será elixido polo consello, de entre os seus membros, por proposta do presidente, e no seu defecto asumirá as súas funcións o conselleiro de menor idade».

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda