Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Venres, 21 de febreiro de 2003 Páx. 2.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da consultoría e asistencia técnica para a redacción de proxectos de adecuación, selaxe e clausura de vertedoiros de RSU.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: consultoria e asistencia técnica para a redacción de proxectos de adecuación, selaxe e clausura de vertedoiros de RSU.

2.2. Prazo de execución: lote 1: 4 meses; lote 2: 4 meses; lote 3: 4 meses e medio; lote 4: 3 meses e medio; lote 5: 5 meses; lote 6: 5 meses e lote 7: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos dezaseis mil trescentos cincuenta e oito euros con dez céntimos (416.358,10 A).

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicacion do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2228.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A): realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas: ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 8.3; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería

de Medio Ambiente