Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a prestación do seguinte servicio:

Obxecto: prestación do servicio de actividades ocupacionais de Servicios Sociais.

Orzamento de licitación: 44.800 euros.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Taxas do contrato: 32,71 euros.

Prazo de execución: un ano, prorrogable ata un máximo de catro.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de quince días (15) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 5 de febreiro de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa