Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 27-11-2002, acordou aprobar definitivamente o cambio de sistema da unidade de actuación Centro Sur número 7, do PXOU vixente, de cooperación por compensación, solicitada por Olga Penela Fernández e outros.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da presente publicación, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente. Non obstante o anterior, e con carácter previo, contra a devandita resolución poderase interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, ante a alcaldía e no prazo dun mes, contado así mesmo, desde o día seguinte ó da presente publicación.

Lugo, 5 de decembro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de Área