Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Xoves, 20 de febreiro de 2003 Páx. 1.969

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de febreiro de 2003 pola que se convocan para a elección de destino provisional os aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escalas de enxeñeiros de camiños, canles e portos, enxeñeiros de telecomunicacións, facultativa de arquivos e facultativa de museos e no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas.

Polas ordes do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), convocouse proceso selectivo para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) e do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B); unha vez elevadas a definitivas as propostas de aspirantes que superaron estes procesos selectivos nas escalas de enxeñeiros de camiños, canles e portos, enxeñeiros de telecomunicacións, facultativa de arquivos, facultativa de museos e enxeñeiros técnicos de minas polas ordes do 17 de xaneiro de 2003 (DOG nº 15, do 23 de xaneiro), do 28 de xaneiro de 2003 (DOG nº 25, do 5 de febreiro), e do 5 de febreiro de 2003 (DOG nº 30, do 12 de febreiro), e co obxecto de que os aspirantes que superaron o dito proceso accedan á condición de funcionarios coa maior brevidade posible, esta consellería

DISPÓN:

Convoca-los aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escalas de enxeñeiros de camiños, canles e portos, enxeñeiros de telecomunicacións, facultativa de arquivos, facultativa de museos e no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, para a elección de destino provisional, en único chamamento, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública sito no soto desta consellería no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, o día 27 de febreiro de 2003, de conformidade co seguinte horario:

Ás 10 horas convócanse os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos,

que poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 entre os postos que se relacionan no anexo I.

Ás 10.30 horas convócanse os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións, que poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 entre os postos que se relacionan no anexo II.

Ás 10.45 horas convócanse os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala facultativa de arquivos, que poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 entre os postos que se relacionan no anexo III.

Ás 11.15 horas convócanse os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala facultativa de museos, que poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 entre os postos que se relacionan no anexo IV.

Ás 11.30 horas convócanse os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, que poderán elixir segundo a orde acadada no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 entre os postos que se relacionan no anexo V.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa personalidade.

Os que non comparezan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Unha vez rematado o proceso de adxudicación das prazas ós aspirantes presentes ou representados, ós que non comparezan persoalmente nin por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lle correspondan atendendo á orde de publicación destas e ó número obtido nos procesos selectivos, entre as que quedasen sen adxudicar.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO I

OFERTA VACANTES GRUPO A ESCALA ENXEÑEIROS DE CAMIÑOS, CANLES E PORTOS

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

NÚM.CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELESPECÍFICO

1OT.C04.00.000.15770.007ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

2OT.C04.00.000.15770.008ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

3OT.C04.00.000.15770.012ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

NÚM.CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELESPECÍFICO

4OT.C04.00.000.15770.013ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

5OT.C04.00.000.15770.014ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

6OT.C04.00.000.15770.016ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

7OT.C04.00.000.15770.020ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

8OT.C04.00.000.15770.023ENXEÑEIRO SUPERIOR DE FUNCIÓNS FACULTATIVASD. X. DE OBRAS PÚBLICASSANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

ANEXO II

OFERTA VACANTES GRUPO A ESCALA DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓNS

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

NÚM.CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELESPECÍFICO

1IC.C04.00.002.15770.015ENXEÑEIRO TELECOMUNICACIÓNSS. X. DE TECNOLOXÍASANTIAGO DE COMPOSTELA268866,53

ANEXO III

OFERTA VACANTES GRUPO A ESCALA FACULTATIVA DE ARQUIVOS

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

NÚM.CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELESPECÍFICOOBSERVACIÓNS

1CU.C99.40.301.15001.002SECCIÓN DE ARQUIVOARQUIVO DO REINO DE GALICIAA CORUÑA246871,56

2CU.C99.40.301.15001.005TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO DO REINO DE GALICIAA CORUÑA203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

3CU.C99.40.301.15001.006TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO DO REINO DE GALICIAA CORUÑA203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

4CU.C99.40.301.15001.007TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO DO REINO DE GALICIAA CORUÑA203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

5CU.C99.40.301.15001.008TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO DO REINO DE GALICIAA CORUÑA203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

6CU.C99.10.000.27001.032XEFE SECCIÓN DO ARQUIVODELEGACION PROVINCIAL LUGOLUGO246871,56

7CU.C99.40.301.27001.002SECCIÓN DE ARQUIVOARQUIVO LUGOLUGO246871,56

8CU.C99.40.301.27001.005TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO LUGOLUGO203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

9CU.C99.40.301.32001.004TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO OURENSEOURENSE203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

10CU.C99.40.301.36001.003TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOSARQUIVO PONTEVEDRAPONTEVEDRA203990XORNADA MAÑÁ/TARDE

ANEXO IV

OFERTA VACANTES GRUPO A ESCALA FACULTATIVA DE MUSEOS

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

NÚM.CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELESPECÍFICO

1CU.C99.40.201.15001.003SECCIÓN CMUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑAA CORUÑA225319,84

2CU.C99.40.201.15001.007TÉCNICO SUPERIOR DE MUSEOSMUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑAA CORUÑA203990

3CU.C99.40.201.27100.007TÉCNICO SUPERIOR DE MUSEOSMUSEO CASTRO DE VILADONGA (LUGO)CASTRO DE REI203990

4CU.C99.40.201.32680.005TÉCNICO SUPERIOR DE MUSEOSMUSEO ETNOLÓXICO DE RIBADAVIARIBADAVIA203990

ANEXO V

OFERTA VACANTES GRUPO B ESCALA ENXEÑEIROS TÉCNICOS DE MINAS

LISTAXE ORDENADA POR CONCELLO E CÓDIGO DE POSTOS

NÚM.CÓDIGODENOMINACIÓNDESTINOCONCELLONIVELESPECÍFICO

1XU.C99.10.000.27001.105POSTO BASE SEGURIDADE E SAUDE LABORALDELEGACIÓN PROVINCIAL LUGOLUGO163325,08

2IC.C99.10.000.32001.046ENXEÑEIRO TÉCNICODELEGACIÓN PROVINCIAL OURENSEOURENSE225319,84