Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Martes, 18 de febreiro de 2003 Páx. 1.893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/3-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Alende, Barrasusa, Orden, Conchouso.

Situación: A Peroxa.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 576 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T.

a Vilarubín e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Alende. Rede de baixa tensión derivadas deste C.T. en: Alende, Barrasusa, Orden, Conchouso e Casdexístola.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 8 de xaneiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense