Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Güimil.
Situación: Muíños.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 826 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Conchas-Xinzo e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Güimil. Rede de baixa tensión derivada do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 7 de xaneiro de 2003.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense