Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/527-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación e reforma subestación Ponte Sampaio.

Situación: Concello de Pontevedra.

Características técnicas: ampliación e reforma subestación, coa substitución dos dous trafos de potencia actuais por outros de 20 MVA cada un, R.T. 66/20 kV. Substitución de autoválvulas de 66 kV e transformación de aparellos de 15 kV a 20 kV. Instalación dun autotrafo de 6 MVA, R.T. 20/15 kV. Sistemas de protección e control.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de decembro de 2002.

P.A.

Mª del Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra