Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica de clave PO/99/061.01.1.

Advertido erro na resolución citada anteriormente publicada no Diario Oficial de Galicia nº 29, do pasado 11 de febreiro, páxina 1.550, é necesario face-las oportunas correccións:

Na páxina 1.550, na columna da dereita, onde di: «Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (14.016,54 euros)», debe dicir: «Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (15.016,54 euros)».