Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Luns, 17 de febreiro de 2003 Páx. 1.802

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (226/1995).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da sección terceira da audiencia provincial, certifico que neste recurso se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sección terceira, maxistrados: Juan Ángel Rodríguez Cardama, presidente; Rafael Jesús Fernández-Porto García; Mª del Carmen Mosquera Rodríguez.

Na Coruña o catorce de marzo de dous mil dous.

Vistos pola sección terceira desta audiencia provincial, constituída polo señores que á marxe se citan, os presentes autos de xuízo verbal civil número 226, 333, 451 e 327/1995, acumulados que perante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ferrol, nos que é parte apelante Jesús Manrubia Tojeiro, representado polo procurador Sánchez González e baixo a dirección do letrado Barros Casal, e tamén como apelante Italibérica, S.A., baixo a dirección do letrado López Taboada, e como apelado Juan Antonio Suárez López, representado polo procurador López Valcárcel e baixo a dirección do letrado Artime Cot; como partes non comparecidas Luciano García Álvarez, Manuel Casal Pico, José Luis Nogueira Maneiro, AGF Seguros, José Nogueira Paradas, Mapfre, e en situación procesual de rebeldía Abeille Previsora, Manuel José Pouso Pouso, José María Pouso Maseda, versando os autos sobre reclamación de cantidade en danos de tráfico.

Decidimos que con estimación do recurso de apelación interposto contra a sentencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ferrol do 6 de novembro de 1997, debemos revogar e revogamos parcialmente esta resolución no único aspecto de desestima-las reclamacións formuladas contra a compañía de seguros Ital Iberia, a quen se absolve das pretensións contra ela deducidas confirmándoa no demais e sen facer especial pronunciamento en canto ás custas de ámbalas instancias relativas a este pronunciamento».

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mándámolo e asinámolo.

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación ós demandados Abeille Previsora, Manuel José Pouso Pouso e José María Pouso Maseda, expídese e asínase este edicto na Coruña o seis de xuño de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE ARZÚA