Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de licitación (47/2002).

Resolución do Concello de Ourense para a contratación da subministración de gasóleo para instalacións, colexios e vehículos municipais.

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: Servicio de Patrimonio e Contratación.

c) Número do expediente: 47/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de gasóleo para instalacións, colexios e vehículos municipales.

b) Prazo de execución: 2 anos. Poderán acordarse prórrogas sen que a duración total exceda de 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: seguirase o disposto no punto 5 do prego de cláusulas administrativas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Patrimonio e Contratación.

b) Domicilio: Concello de Ourense, praza Maior nº 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Teléfono: 988 38 81 61.

e) Telefax: 988 38 81 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remate do prazo de presentación de propostas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Os establecidos no punto 8 do prego cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, desde a última publicación no DOG ou BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na prazo Maior nº 1, Ourense 32005, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Salón de Sesións do Concello de Ourense.

b) Enderezo: praza Maior, nº 1.

c) Data: quinto día hábil seguinte a aquel en que finalice o de presentación de proposicións ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 13 de xaneiro de 2003.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde