Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO do concurso, con procedemento aberto urxente, de obra incluída no Plan 2000 de infraestructuras, ano 1999.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Irixoa (A Coruña).

2. Obxecto da contratación.

Obra: saneamento en Lapido.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso conforme o prego-tipo de cláusulas particulares do concurso da deputación provincial, publicado no BOP do 9-8-2002.

4. Tipo de licitación: 84.141,70 euros (incluídos tódolos impostos, IVE, etc.) e demais gastos ocasionados coa xestión e execución da contratación.

5. Prazo de execución: 4 meses.

6. Garantías: provisional 1.682,83 euros, definitiva do 4% do tipo de adxudicación.

7. Presentación de ofertas: no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte da última publicación oficial (DOG ou BOP), en horario de

9 a 14 horas, a documentación será a prevista para os sobres A e B da cláusula 12 do prego.

8. Apertura de ofertas: na Casa do Concello de Irixoa, ás 13 horas do día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de plicas, agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día hábil seguinte.

Irixoa, 8 de xaneiro de 2003.

Juan Pérez Díaz

Alcalde