Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.704

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (693/02-CH).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 693/02-CH por instancia de María Eugenia López Pallas sobre medidas provisionais se acordou a citación de Jesús Dacosta Aller mediante a publicación da seguinte cédula de citación.

En virtude do acordado polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número diez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de medidas provisionais número 693/02-CH, seguidos por instancia de María Eugenia López Pallas, representada pola procuradora Mar Rodríguez González, por medio da presente cítase a Jesús Dacosta Aller co fin de que compareza ante este xulgado o vindeiro día vinteoito de xaneiro ás dez horas para asistir á celebración da comparecencia prevista na lei, facéndolle saber que a dita comparecencia se substanciará conforme o previsto no artigo 773 da LAC e que as partes deberán presenta-la proba referida concretamente ás medidas que pretenden que sexan adoptadas, así como que a falta de asistencia, sen causa xustificada, dalgún dos cónxuxes á comparecencia poderá determinar que se consideren admitidos os feitos alegados polo cónxuxe presente.

E para a súa inserción no BOP expido este edicto que asino na Coruña o 17 de decembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado