Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.704

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (396/2002).

Manuel Ferreiro González, secretario da sala da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que en la apelación civil número 1785/2001, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña dictouse sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di:

Na Coruña o vinteoito de outubro de dous mil dous.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, constituída polas señorías María del Carmen Taboada Caseiro, presidenta, Luis Barrientos Monge, María Dolores Fernández Galiño, maxistrados.

En nome de El-Rei pronunciou a seguinte sentencia:

«Visto en grao de apelación ante esta sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de menor contía 401/1996, 40/1997 e 228/1999 acumulados, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, ós que lles correspondeu o rolo 1785/2001, nos que aparece como parte apelante o demandante José Enrique Vieiro Cacheiro (demandante nos preitos número 401/1996, 40/1997 e 228/1999) representado pola procuradora Bermúdez Tasende, e como apelados-demandados no preito número 401/1996 Enrique Miranda Pan representado polo procurador Estévez Doamo, J. Antonio Patiño García representado polo procurador Camba Méndez, manuel Calvete Pan representado polo procurador González González e os declarados en rebeldía Óscar García Patiño, L. Alberto García Patiño, José Mourenza Varela, Josefa Rodríguez Mosteiro, Luis Castro Casal, Josefa Lema Paz, José Vieiro Souto e Rafaela Cacheiro Calvete e aparecendo demandados-apelados no preito número 40/1997 María Isabel Patiño García

representada pola procuradora Fernández Rodríguez, e demandados apelados en rebeldía Concepción Álvarez Seoane, Clorinda Patiño Ferreiro, Carlos Mourenza Rodríguez e todas aquelas persoas, físicas ou xurídicas descoñecidas e incertas que tivesen interese en se opor a esta demanda ou que se visen afectadas por ela. Aparecendo como demandados-apelados no preito número 228/1999 José Patiño García e Emilia Bello Rama representados pola procuradora Camba Méndez, e como demandados-apelados en rebeldía Luis Calvete Brea e os herdeiros descoñecidos e incertos de Clorinda Patiño Ferreiro, e as demais persoas descoñecidas e incertas, físicas ou xurídicas que tivesen interese en se opor a esta demanda ou que se visen afectadas por ela. Sendo maxistrado relator María del Carmen Taboada Caseiro.

Decidimos que desestimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado xuíz de Primeira Instancia número nove da Coruña, xuízo de menor contía número 401/1996, 40/1997 e 228/1999 acumulados, debemos confirmar e confirmámo-la dita sentencia e con imposición das custas deste recurso á parte apelante.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, expido e asino este edicto na Coruña o nove de decembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado