Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Venres, 14 de febreiro de 2003 Páx. 1.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2003 pola que se convoca a selección dunha persoa para a cobertura dunha bolsa de colaboración na catalogación e investigación do patrimonio escénico e musical galego, con destino no Centro de Documentación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais -IGAEM- convoca a selección dunha persoa para a cobertura dunha bolsa de colaboración na catalogación e investigación do patrimonio escénico e musical galego para o ano 2003.

O obxecto da presente convocatoria é a catalogación, informatización e arquivo do material e fondos relacionados coas artes escénicas e musicais galegas.

O lugar de desfrute da bolsa será o Centro de Documentación e arquivo do IGAEM, e o desfrute dela será a partir do 15 de febreiro e ata o 31 de decembro de 2003. Contarán cunha achega económica de 601 A mensuais cada bolsa.

Os requisitos dos aspirantes e demais criterios para a selección poderán ser consultados nas bases da convocatoria depositadas no rexistro do IGAEM. Pavillón de Galicia. San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, CP 15703.

O prazo de presentación de instancias, segundo modelo oficial que consta nas bases será de 10 días naturais contados desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e deberán presentarse no Rexistro do IGAEM no enderezo que se indica ou utilizando calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e na Lei 4/1999, de modificación da anterior.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2003.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes

Escénicas e Musicais

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA