Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 16 de xaneiro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Nórdica A Peroxa, S.L. o acordo de inicio de incumprimento do expediente 1/99.2046.4950.N.99004 relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1999.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente edicto ponse en coñecemento da empresa Nórdica A Peroxa, S.L., titular do expediente 1/99.2046.4950.N.99004 relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 18 de maio de 1999, DOG nº 113, do 15 de xuño) que, con data 23 de setembro de 2002, o presidente do Igape acordou o inicio do expediente de incumprimento por non corresponderse o investimento comprometido de 22.027.973 pesetas co xustificado que sería unicamente de 21.927.792 pesetas e porque a empresa figura dada de baixa con data do 15 de xaneiro de 2001 na A.E.A.T. no epígrafe 342, que é o que consta como subvencionable no expediente, polo que de conformidade coa cláusula 13.1 do convenio de aplicación se produciría a perda da subvención desde a data da baixa, procédese polo tanto a iniciar procedemento de incumprimento das condicións de

concesión da axuda outorgada co obxecto de detemina-lo alcance da mesma, que poderá dar lugar ó reintegro das cantidades indebidamente percibidas que serían de 4.075,33 euros e á minoración do importe de investimento subvencionable e préstamo subsidiable concedido inicialmente, e suspendéndose o aboamento da subsidiación concedida ata a resolución do expediente de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédeselle un prazo de quince días hábiles desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustifica-la non procedencia deste presunto incumprimento. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica