Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 15 de xaneiro de 2003 polo que se lle comunica á empresa Maderas Primitivo, S.L. o incumprimento parcial do expediente 1/99.0097.8924.N.441046119 relativo á axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes 1999.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Maderas Primitivo, S.L., titular do expediente 1/99.0097.8924.N.441046119, relativo a axuda ó abeiro do convenio de apoio financeiro ás Pemes (Resolución do 18 de maio de 1999; DOG nº 113, do 15 de xuño), que con data do 30 de setembro de 2002 o presidente do Igape resolveu declarar incumpridas parcialmente as condicións de concesión da subvención por non acredita-la creación de emprego por conta allea comprometida, determinando, en consecuencia, a modificación da resolución de concesión, debendo reintegra-la cantidade de 902,47 euros e suspendéndose o pagamento da subsidiación concedida mentres non conste reintegrada a cantidade debida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de incumprimento parcial non esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica