Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.629

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (18/2002).

Eu, Sagrario Campelle Seijo, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de

Noia, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 18/2002 se dictou a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Xuízo de faltas 18/2002.

Sentencia.

En Noia, o vinte de decembro de dous mil dous.

Vista por min, Pura Caaveiro Ameneiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Noia e o seu partido, en audiencia pública, esta causa de xuízo de faltas 18/2002 seguido por unha falta contra a orde pública, prevista e penada no artigo 636 do Código penal, coa intervención do Ministerio Fiscal, e no que foi parte denunciada José Santabaya Trillo, quen non compareceu ó acto do xuízo malia estar debidamente citado.

Resolvo que debo condenar e condeno a José Santabaya Trillo como autor dunha falta contra a orde pública, prevista e penada no artigo 636 do Código penal, sen a concorrencia de circunstancias modificativas da responsabilidade criminal, á pena de sesenta días de multa, a razón dunha cota diaria dun euro e vinte céntimos, o que fai un total de setenta e dous euros, que serán aboados nun só pagamento ou nos prazos que en execución de sentencia se fixen, con arresto substitutorio dun día por cada dúas cotas ou fracción que deixase de aboar, condenándoo igualmente ó pagamento das custas procesuais».

E para que conste e lle sirva de notificación a José Santabaya Trillo, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Noia o nove de xaneiro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado