Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.629

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5554/2002).

Por este edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Xulio López Valcárcel, en nome e representación de Marta Viguera Mosquera, contra o Decreto 278/2002, do 12 de setembro (DOG do 27 de setembro), de aprobación do mapa farmacéutico de Galicia, no concernente á nova autorización para unha oficina de farmacia na parroquia de Maianca-Oleiros.

Recurso número: 02/0005554/2002.

A publicación deste anuncio serviralles de emprazamento ás persoas que non foron notificadas persoalmente e que teñan un dereito ou interese lexítimo no dito recurso, podendo comparecer en legal forma no prazo de nove días. De o faceren con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, tres de xaneiro de dous mil tres.

Isabel Freire Corzo

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA