Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.626

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión de tres postos vacantes do cadro de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por Resolución do 29 de outubro de 2002.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios

por Resolución do 29 de outubro de 2002, e unha vez rematado o prazo de presentación de instancia, á vista das solicitudes presentadas e logo dos informes correspondentes segundo o artigo 54 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo,

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servicios, anunciada por Resolución do 29 de outubro de 2002 (DOG nº 227, do 25 de novembro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ós funcionarios que se relacionan nos anexos a esta resolución.

Terceiro.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó Rectorado da Univesidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Cuarto.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia do funcionario, ou dun mes se comporta cambio de residencia ou reingreso ó servicio activo. O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2003.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: secretaria do rectorado.

Grupo: C/D.

Nivel: 20.

Complemento específico: 3.911,88 A.

Quenda: mañá.

Apelidos e nome: de la Torre Míguez, Daniel.

DNI: 33270870.

Posto de traballo: secretaria do rectorado.

Grupo: C/D.

Nivel: 20.

Complemento específico: 3.911,88 A.

Quenda: tarde.

Apelidos e nome: Villar García, Beatriz.

DNI: 32800758.

Posto de traballo: secretaria do Vicerrectorado de Estudiantes.

Grupo: C/D.

Nivel: 20.

Complemento específico: 3.911,88 A.

Quenda: mañá.

Apelidos e nome: Pumar García, Mª del Carmen.

DNI: 76347112.