Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.626

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003 pola que se nomea persoal laboral fixo do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable na categoría de ordenanza.

De conformidade co disposto na base 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de ordenanza, convocada por Resolución do 19 de xuño do 2002, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria,

RESOLVO:

Nomeanse persoal laboral fixo do CIXTEC, na categoría de ordenanza, grupo V, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo I.

As persoas ás que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-ad

ministrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Persoal laboral fixo do CIXTEC, categoría ordenanza:

Nome e apelidos: Jorge Armando García Rodríguez.

DNI: 76725598-J.

Grupo: V.

Categoría: 3.

Denominación: ordenanza.

Localidade: Santiago de Compostela.