Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Xoves, 13 de febreiro de 2003 Páx. 1.623

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003 pola que se convoca unha xornada sobre novidades normativas en materia de facendas locais para o exercicio 2003.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha xornada sobre novidades normativas en materia de facendas locais para o exercicio 2003, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Coñecemento e debate das novidades normativas en materia de facendas locais para o exercicio 2003.

Segunda.-Contido.

Trataranse estes temas:

-Aspectos xerais da reforma das facendas locais. Situación actual e perspectivas de futuro.

-O imposto sobre bens inmobles: actuacións que hai que desenvolver como consecuencia das modificacións normativas para o ano 2003.

-A nova regulación do catastro inmobiliario.

-O imposto sobre actividades económicas: criterios de xestión e mecanismo de compensación.

-O imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre construccións, instalacións e obras.

-O imposto sobre incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

-A participación das corporacións locais nos tributos do Estado.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

Cuarta.-Desenvolvemento.

Horario: mañá e tarde.

Lugar e data: a xornada convocada desenvolverase no salón de actos de Escola Galega de Administración Pública. R/ Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, o día 28 de febreiro de 2003.

Quinta.-Inscrición.

Prazo: remata o xoves día 27 de febreiro de 2003.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria e presentaránse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiránse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Nº de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, o día 27 de febreiro, de 8.30 a 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 57 ou 981 54 62 56.

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública