Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación da contratación da subministración sucesiva de suturas mecánicas e fíos de suturas, correspondente ó concurso público 012/2002, polo procedemento aberto.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril), da Consellería de Sanidade, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e autorizada expresamente pola División de Recursos Económicos do Sergas, con data 24 de abril de 2002, acorda

darlle publicidade á adxudicación do contrato correspondente ó concurso público 012/2002.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Pontevedra.

c) Número de expediente: CP012/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: suturas mecánicas e fíos de suturas.

c) Lote: vintesete.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: 18 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: setecentos cinco mil trinta e tres euros, con cincuenta e dous céntimos (705.033,52 ).

5. Adxudicación.

Data: Resolución do 2 de decembro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Nacionalidade: española.

LoteSinaturas

adxudicatarias

Nome do

artigo

Prezo

unitario

Importe total

máximo

5TYCO HEALTHCARE SPAIN S.L.GRAMPADORA CIRCULAR DUN SÓ USO 65 MM60,101SETE MIL NOVECENTOS TRINTA E TRES EUROS CON TRINTA E SEIS CÉNTIMOS (7.933,36)

GRAMPADORA CIRCULAR DUN SÓ USO 45 MM60,101

26B. BRAUN DEXON, S.A.AC.POLIGLICOLICO 6/0 2 AGULLA ESPAT. 1/4 CIR.8MM FÍO 45 C14,800NOVE MIL NOVECENTOS SETENTA EUROS CON SESENTA E SETE CÉNTIMOS (9.970,67)

AC.POLIGLICOLICO 8/0 2 AGULLA ESPAT. 3/8 CIR.6 MM FÍO 30 C22,270

Os restantes lotes nº 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25 e 27 quedan declarados desertos.

Pontevedra, 2 de decembro de 2002.

Javier Cobas Gamallo

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra