Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores en réxime de compravenda (P-306/2002 e P-320/2002), devoltos polo servicio de correos.

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), e de conformidade co establecido nos artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código Civil e cláusula IV da escritura de compravenda,

notifícaselles ós interesados cos datos e último enderezo coñecido (identificados por número de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total das débedas os posteriores vencementos que resulten impagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificantes que considere convenientes no seu dereito.

En caso contrario procederase ás resolucións dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, cos conseguintes lanzamentos das vivendas para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 8 de xaneiro de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-83/010 (expte. desaf.: P-306/02).

Cta.: 47.

Nome do interesado: José Carlos Barreiro Prego.

Último enderezo coñecido: r/ Celso Emilio Ferreiro, nº 7, 2º A, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Non pagamento da débeda: 13.380,45 A.

Expediente: PO-82/080 (expte. desaf.: P-320/02).

Cta.: 18.

Nome do interesado: Emilio Dopazo Baqueiro.

Último enderezo coñecido: r/ Alemania, 55, 4º B, blq E, ptal 55, Monteporreiro, Pontevedra.

Non pagamento da débeda: 19.729,60 A.