1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas. Edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España). Teléfono nº: 981 54 49 86, telefax nº: 981 54 47 91.
2. Categoría do servicio e descrición, número CPC, cantidade, opcións: 74231121-74231721.
Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e o de coordinador de seguridade e saúde da obra: vía rápida de conexión de Ares e Mugardos coa RIXE, de clave AC/00/033.01.
Orzamento de licitación: 308.823,09 euros.
3. Lugar de entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.
4. a), b).
c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.
É a indicada na folla de valoración do prego de prescricións técnicas particulares.
5. División en lotes: non.
6.Variantes: observarase o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.
7. Prazo de execución do contrato: 32 meses.
8. a) Solicitude da documentación: o indicado no punto 1.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.
E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.
b) Data de solicitude: 27 de marzo de 2003.
9. a) Data límite da recepción das ofertas: 27 de marzo de 2003.
b) Enderezo: o indicado no punto 1 e segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Idiomas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto con traducción oficial.
10. a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.
b) Data, hora e lugar: a apertura económica realizarase ás 11 horas do día 7 de abril de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas; Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Fianza e garantías esixidas.
Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (6.176,46 euros).
Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.
As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
12. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.
O pagamento efectuarase segundo o establecido no parágrafo 7 do prego de cláusulas técnicas particulares.
13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.
Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.
14. Condicións mínimas: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditaranse segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
15. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.
3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño de 2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
16. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
17. Información complementaria.
Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.
Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.
18.
19. Data de envío do anuncio: 4 de febreiro de 2003.
20. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 4 de febreiro de 2003.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.
P.D. (Orde do 21-11-2002; DOG nº 230,
do 28 de novembro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda