Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da asistencia técnica de clave PO/99/061.01.1.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

Edificios Administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela-A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 49 86, telefax nº: 981 54 47 91.

2. Categoría do servicio e descrición, número CPC, cantidade, opcións: 74231121-74231721.

Asistencia técnica para realiza-los labores de control e vixilancia e a de coordinador de seguridade e saúde da obra: corredor do Morrazo, treito I, de clave PO/99/061.01.1.

Orzamento de licitación: 750.827,17 euros.

3. Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación do persoal responsable da execución do servicio.

É a indicada na folla de valoración do prego de prescricións técnicas particulares.

5. División en lotes: non.

6. Variantes: estarase ó especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato: 36 meses.

8.a) Solicitude da documentación: o indicado no punto número 1.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono 981 58 89 38.

b) Data de solicitude: 27 de marzo de 2003.

9.a)Data límite da recepción das ofertas: 27 de marzo de 2003.

b) Enderezo: o indicado no punto número 1 e segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, xunto coa traducción oficial.

10.a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura económica realizarase ás 11 horas do día 7 de abril de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fianza e garantías esixidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe de contrata (14.016,54 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

12. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase segundo o establecido no parágrafo 7 do prego de cláusulas técnicas particulares.

13. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o artigo 24 Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

14. Condicións mínimas: as que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño de 2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

16. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria.

Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

Trátase dun anuncio non obrigatorio: non.

18. Data de envío do anuncio: 4 de febreiro de 2003.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 4 de febreiro de 2003.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 21-11-2002, DOG nº 230,

do 28 de novembro)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda