Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.545

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 28 de xaneiro de 2003, o tribunal designado pola Orde do 25 de abril de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de montes, convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.1. da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se realizará o día 22 de febreiro de 2003, na Facultade de Dereito no campus sur, s/n, de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 9.30 horas e os opositores deberán estar alí presentes ás 8.30 horas.

Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2003.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Presidente do tribunal