Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Martes, 11 de febreiro de 2003 Páx. 1.544

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de febreiro de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Convocado proceso selectivo para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia,

(grupo A), escala de letrados, por Orde de 11 de novembro de 2002, publicada no DOG nº 224, do 20 de novembro, de conformidade co establecido na base III.I da devandita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo

superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Titulares:

Presidente: Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Vocais:

José Luis Meilán Gil, catedrático de dereito administrativo da Universidade da Coruña.

José Gonzalo de la Huerga Fidalgo, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Carlos A. Amoedo Souto, catedrático de escola universitaria da universidade da Coruña, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Susana Loreta Benedetti Corzo, asesora xurídica da Consellería de Economía e Facenda.

Suplentes:

Presidente: José Vicente Alvariño Alejandro, xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Xurisdiccional.

Vocais:

Fernando Lorenzo Merino, catedrático de dereito civil da Universidade de Vigo.

Pablo Ángel Sande García, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Xavier Ferreira Fernández, profesor titular da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª Jesús Novoa Suárez, letrada da Xunta de Galicia.