Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

(EDICTO 2614/1998).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, certifico que na peza de apelación 2614/1998 se dictou a resolución do encabezamento e parte dispositiva que ten o teor literal seguinte:

«Sentencia.

Juan Ángel Rodríguez Cardama. Maxistrados Rafael Jesús Fernández-Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez. Na Coruña o vintecinco de setembro de dous mil un. Vistos pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores que se expresan á marxe, os presentes autos de menor contía nº 123/1996 que perante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, nos que é parte apelante Obdulia Platas Vázquez, representada polo procurador Espasandín Otero e baixo a dirección do letrado Insua Beade; e da outra, como apelado, José María Platas Vázquez, representado pola procuradora Aguiar Boudín e baixo a dirección do letrado García Uzal; e sendo parte apelada non comparecida nesta instancia María Tobar López; e estando en situación procesual de rebeldía Alfonso Tobar López e Mercedes Souto Bendaña, así como tamén persoas descoñecidas e incertas que crean ter algún dereito na herdanza e predio obxecto da lite; os

autos versan sobre nulidade e invalidez de documento privado, contrato de compravenda e outros extremos.

Decidimos que, estimando parcialmente o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, no xuízo de menor contía a que se refire esta peza, revógase a dita resolución e, en consecuencia, estimando, en parte, a demanda formulada polo procurador Rodríguez Cascón, en nome e representación de Obdulia Platas Vázquez, contra José María Platas Vázquez, María Tobar López, Alfonso Tobar López e Mercedes Souto Bendaña, en rebeldía nas actuacións a excepción do primeiro, e persoas descoñecidas e incertas que poidan traer causa de lexítimos partícipes e se chamen a ter algún dereito na herdanza e predios obxecto deste preito, declárase:

a) que os predios descritos no feito segundo da demanda pertencían ó haber hereditario da causante Francisca García León e, en consecuencia, á comunidade hereditaria que ficou ó seu falecemento; b) que son nulos os contratos de compravenda outorgados nas escrituras públicas do 18 de febreiro de 1983 e 3 de marzo de 1984, o primeiro por José María Platas Vázquez a favor de Alfonso Tobar

López, e para a sociedade conxugal deste, que contén un pacto de retro, e o segundo, por Alfonso Tobar López e en nome e representación, ademais, da súa esposa Mercedes Souto Bendaña, a favor de José María Platas Vázquez e para a súa sociedade conxugal, en canto se refiran a predios non comprendidos no documento privado do 15 de xaneiro de 1950, adquiridos por José María Platas Vázquez, por prescrición extraordinaria, das que se fala no segundo fundamento de dereito desta resolución; e c) que procede cancela-las inscricións rexistrais a favor dos demandados, no Rexistro da Propiedade de Arzúa, practicadas a consecuencia dos contratos antes mencionados, que se anulan parcialmente, e en canto ós predios non comprendidos no citado documento privado do 15 de xaneiro de 1950, o que se fará en execución de sentencia, expedíndose o correspondente mandamento. Condénase os demandados a estaren e pasaren polas precedentes declaracións e a cumprírenas, e absólvense das restantes pretensións

deducidas. No que atinxe ás custas, obsérvese o disposto no sexto fundamento de dereito desta resolución.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Juan Ángel Rodríguez Cardama. Rafael Jesús Fernández-Porto García. María del Carmen Mosquera Rodríguez. Asinado e rubricado».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación ós declarados en rebeldía, persoas descoñecidas e incertas que crean ter algún dereito na herdanza e predio obxecto da lite, expido este edicto na Coruña o vinte de decembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado