Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Luns, 10 de febreiro de 2003 Páx. 1.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 3 de xaneiro de 2003 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Protocolo de Actuación en Anticoncepción de Emerxencia.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, previo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada polo Servicio Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2003.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

* Protocolo de Actuación en Anticoncepción de Emerxencia: 1,40 euros.