Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de decembro de 2002, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se citan no anexo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, o requirimento de

documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a documentación complementaria presentada por vostede, co obxecto de obter axudas complementarias destinadas a mozos para a adquisición/promoción dunha vivienda de protección pública, ó abeiro da Orde do 13 de xuño de 2002, observáronse as seguintes deficiencias para o que deberá achega-la documentación que no anexo se indica.

O que se pon no seu coñecemento para que, de conformidade co establecido no artigo 71.1º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceda a emenda-las deficiencias sinaladas no prazo de 15 días hábiles improrrogables contados desde o seguinte ó que se realice a notificación.

De non repara-las deficiencias sinaladas ou de non presenta-la totalidade da documentación requirida no prazo indicado, terase por desistido da súa petición que se arquivará logo de resolución».

Pontevedra, 30 de decembro de 2002.

Andrés Iglesias López

Xefe Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-X-0285/02.

Interesada: Beatriz Souto Martínez.

Último enderezo coñecido: rúa Juan Fuentes, núm. 45, 4º B (Caldas de Reis).

Intentos de notificación persoal: o 18-11-2002 ás 13.15 h.

Documentación requirida:-Fotocopia compulsada do DNI de Juan Manuel Duarte Souto.-Fotocopia compulsada do IRPF 2001 de ámbolos dous (caso de non declarantes, declaración xurada de ingresos).-Certificado das rendas 2001 da unidade familiar expedido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.-Certificación bancaria acreditativa do préstamo cualificado obtido ó abeiro dos plans de vivenda, indicando data de formalización, convenio e ano ó que se acolle, así como que se atopa en período de amortización (xúntase modelo).

Expediente: 36-X-0334/02.

Interesado: Antonio Marcos Fernández Pérez.

Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, núm. 21, 1º A (Salceda de Caselas).

Intentos de notificación persoal: o 8-11-2002 ás 10.35 h e o 12-11-2002 ás 13.15 h.

Documentación requirida:-Certificado municipal de empadroamento na vivenda obxecto das axudas.-Solicitude de transferencia bancaria, debidamente cuberta e asinada pola entidade bancaria e polo beneficiario (xúntase impreso).

Expediente: 36-X-0335/02.

Interesada: Fátima Cristina Fernández da Conceicao.

Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, núm. 21, 2º C (Salceda de Caselas).

Intentos de notificación persoal: o 8-11-2002 ás 10.35 h e o 11-12-2002 ás 13.15 h.

Documentación requirida:-Solicitude de transferencia bancaria, debidamente cuberta e asinada pola entidade bancaria e polo beneficiario (xúntase impreso).-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas o concedidas, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes (xúntase impreso).-Certificado municipal de empadroamento na vivenda obxecto das axudas.

Expediente: 36-X-0354/02.

Interesada: Sonia Leiro Fernández.

Último enderezo coñecido: rúa Max Estrella, núm. 2, ático D (Vilanova de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 7-11-2002.

Documentación requirida:-Solicitude de transferencia bancaria, debidamente cuberta e asinada pola entidade bancaria e polo beneficiario (xúntase impreso).-Certificado das rendas 2001 da unidade familiar expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Expediente: 36-X-0446/02.

Interesado: Jacobo Abalo Bouzas.

Último enderezo coñecido: rúa do Parque, núm. 5, 4º A (Vilagarcía de Arousa).

Intentos de notificación persoal: o 20-11-2002.

Documentación requirida:-Certificado das rendas 2001 de Jacobo Abalo Bouzas expedido pola Axencia de Administración Tributaria.