Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003 pola que se resolve o concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario con destino a instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Ribadeo.

Por Resolución do presidente de Portos de Galicia do 5 de setembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 194, do 8 de outubro, convocouse concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión de ocupación de dominio público portuario con destino a instalacións de subministración de combustible a embarcacións no porto de Ribadeo.

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, o Presidente de Portos de Galicia resolve declarar deserto o concurso por non alcanza-la única proposta presentada a puntuación mínima esixida para a adxudicación do concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1994, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia