Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Venres, 07 de febreiro de 2003 Páx. 1.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de pesca relacionado no anexo e de referencia OU 011/02-P, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do expediente sancionador por infrac

ción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151 do 5 de agosto).

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que a presente resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Ourense, 5 de decembro de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo

coñecido

Feito

denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

euros

OU-011/02-PDistribuidora Eléctrica de Melón, S.A.Melón

32411-Melón (Ourense)

Non retira-los restos dunha corta xunto ó leito do río, permitindo que sexan arrastrados causando o atoamento da ponte dos Carríns.Artigo 34.24º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992300,51 A